O domingo 22 de abril Espazo Lectura convoca a toda a
cidadanía a que acuda a Gondomar, ás 12:00 horas, a unha SENTADA LECTORA que terá
lugar na Alameda.
De que se trata?
Trátase de traer un libro e sentar no chan da
Alameda, para enchela de persoas con libros, nunha reivindicación cívica da
lectura. Ás 12:15 horas, actuará o grupo Migallas, moi especialmente para o
público infantil.
Logo permaneceremos sentados no chan da praza, lendo
durante 15 minutos. Finalmente, a atriz e escritora Paula Carballeira e a
xornalista e tamén escritora Araceli Gonda lerán conxuntamente un Manifesto a favor da lectura.
O acto despedirase coa actuación do coro Cantares do
Brión, de Vincios.
Nun momento de crise financeira, o valor da lectura e
da cultura é máis importante ca nunca para facer libre a cidadanía e dotala de
instrumentos de futuro, de esperanza.
Ven cun libro a Gondomar e ÚNETE Á REBELIÓN DA
LECTURA.
Onde hai libros, hai futuro!
1 comentario:
Qué idea máis chula!
Ana
Publicar un comentario