13/4/12

Sentada Lectora en Gondomar

ÚNETE Á REBELIÓN DA LECTURA!


O domingo 22 de abril Espazo Lectura convoca a toda a cidadanía a que acuda a Gondomar, ás 12:00 horas, a unha SENTADA LECTORA que terá lugar na Alameda.

De que se trata?
Trátase de traer un libro e sentar no chan da Alameda, para enchela de persoas con libros, nunha reivindicación cívica da lectura. Ás 12:15 horas, actuará o grupo Migallas, moi especialmente para o público infantil.
Logo permaneceremos sentados no chan da praza, lendo durante 15 minutos. Finalmente, a atriz e escritora Paula Carballeira e a xornalista e tamén escritora Araceli Gonda lerán conxuntamente un Manifesto a favor da lectura.
O acto despedirase coa actuación do coro Cantares do Brión, de Vincios.

Nun momento de crise financeira, o valor da lectura e da cultura é máis importante ca nunca para facer libre a cidadanía e dotala de instrumentos de futuro, de esperanza.

Ven cun libro a Gondomar e ÚNETE Á REBELIÓN DA LECTURA.

Onde hai libros, hai futuro!

Esperámoste!



1 comentario:

Ana dijo...

Qué idea máis chula!

Ana