Mostrando entradas con la etiqueta industrias culturais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta industrias culturais. Mostrar todas las entradas
2/12/11
Espazo Lectura participa nun café literario con Manuel Rivas dentro da programación do Culturgal
O Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia, inclúe no seu programa de actividades diferentes encontros de membros de clubs de lectura con autores e autoras da literatura galega, denominados cafés literarios. Espazo Lectura foi convidado a participar nun Café co escritor e xornalista Manuel Rivas, polo que un grupo de persoas asiduas aos nosos clubs de lectura conversarán este sábado 3 de decembro con Manuel Rivas sobre diferentes aspectos da súa obra.
1/12/11
Mañá inaugúrase o Culturgal 2011
Recomendamos a visita ao Culturgal, a feira das industrias culturais de Galicia, que se celebra os días 2, 3 e 4 (venres, sábado e domingo) de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.As persoas que se acheguen a Pontevedra poderán visitar os stands de gran parte das industrias culturais galegas (libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías) e gozar dunha ampla programación cultural, para público adulto e infantil, que vai dende presentacións de libros e cafés literarios, a obras audiovisuais, teatro, recitais de poesía, concertos ou obradoiros.
Picando aquí podedes ver a programación literaria completa e na páxina web do Culturgal, acceder á programación completa de actividades.
24/11/10
Esta fin de semana, libros e moito máis no Culturgal

Recomendamos a visita á III edición do Culturgal, a feira das industrias culturais de Galicia, que se celebra os días 26, 27 e 28 (venres, sábado e domingo) no Pazo de Congresos de Pontevedra.
As persoas que se acheguen a Pontevedra poderán visitar os stands de gran parte das industrias culturais galegas (libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías) e gozar dunha ampla programación cultural, para público adulto e infantil, que vai dende presentacións de libros e obras audiovisuais, a recitais de poesía, concertos e obradoiros.
Na páxina web do Culturgal pódese acceder á programación completa de actividades.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)