Mostrando entradas con la etiqueta Cantacontos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cantacontos. Mostrar todas las entradas

19/5/12

O luns, Contomar

No Contomar deste luns leranse, entre outros, os seguintes contos: A vaca condesa, Oso atrapabolboretas e A voda dos ratos.
A sesión de contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos e os seus pais e nais comeza ás 18:00h na Biblioteca de Gondomar.

As seguintes imaxes recollen diferentes momentos da sesión da semana pasada, cando viñeron contarnos contos os profes do CEIP Chano Piñeiro Óscar, Marta, Pili, Mari, Estela e Dolo. Moitas grazas!












25/3/12

Contomar

A miña amiga a escuridade (Baía Edicións), Petra , Lobo feroz ou Chocolata  (OQO), son algúns dos contos que se lerán este luns no Contomar. A sesión de contacontos, aberta a nenos e nenas a partir de 3 anos e os seus pais nais, comeza ás 18:00 horas na Biblioteca de Gondomar.

Velaquí algunhas imaxes da semana pasada.



 








17/3/12

O luns, Contomar


No Contomar do luns 19 leremos, entre outros, os contos Xil Moniz , Arco da Lúa (Kalandraka) e Cocorico (Oqo). A actividade de contacontos comeza ás 18:00 horas na Biblioteca de Gondomar.

Nas seguintes imaxes recóllense varios momentos do Contomar do luns pasado.
 








3/3/12

Contomar


Estes son algúns dos contos que se escoitarán no Contomar deste luns, 5 de marzo: O camaleón azul  (Patasdepeixe) Amelia quere un can  (Kalandraka); Cando chove (Kalandraka) ou A vella na botella (Oqo).
A sesión de contacontos comeza ás 18:00 horas na Biblioteca de Gondomar.
Estas son imaxes tomadas na sesión do luns 27 de febreiro.









3/4/08

Os Cantacontos de Migallas

Vídeos de Migallas na Casa da Cultura de Gondomar, Val Miñor (luns 31 de marzo de 2008). Espectáculo Cantacontos, sesión especial do segundo aniversario do Contomar.