Mostrando entradas con la etiqueta futuro do libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta futuro do libro. Mostrar todas las entradas
21/11/08
9/10/08
O libro no século XXII
A libraría lisboeta Pó dos livros (situada perto da Fundação Calouste Gulbenkian), que cumpriu pouco máis dun ano de vida, mantén unha incesante actividade e, entre outras cousas, produce vídeos coma este, que é unha parodia sobre o libro no século XXI. Parodia ou predicción, o humor que non falte con respecto ao futuro do libro.
27/3/08
Novas formas de lectura
No último número do semanario A Nosa Terra sae un interesante e se cadra controvertido artigo de Xosé Ramón Pousa titulado «Lectores». O autor parte da existencia dunha brecha xeracional nos consumos culturais para asegurar: «agora lese moito máis que antes, aínda que baixe a lectura de libros e de xornais, aínda que o pensamento dominante siga adulando o papel como único soporte cultural, aínda que moitos sigan pensando que a xente nova non ten interese pola cultura. Só porque non manexa o libro e o xornal, un soporte idolatrado que os novos consideran obsoleto. As redes virtuais e os medios audiovisuais cambian os modos de ver e ler, as formas de reunirse, de falar e de escribir. O mundo vive unha tranformación que non pode deixar indiferente a industria cultural e os políticos».Son opinións, sen dúbida, para ter moi en conta.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)