O pasado mércores 28 de marzo Espazo Lectura ofreceulles unha mañá de actividades aos
centros de ensino do Val Miñor que son socios-protectores e que colaboran ao longo
de todo ano na difusión das actividades de fomento da lectura que organiza a
asociación. Na proposta, que contou co apoio da Concellería de Cultura do
Concello de Gondomar, participaron 350 nenos e nenas de sete centros de
ensino da comarca.
Ao longo da mañá, organizados en diferentes quendas e horarios, os escolares asistiron a dous espectáculos relacionados coa animación á lectura. No auditorio Lois Tobío representouse a obra O rapto da bibliotecaria, a cargo do grupo da Escola Municipal de Teatro do Concello de Vigo. Despois, sistiron a unha sesión de contacontos, realizada na Biblioteca Municipal polo equipo de contadores de Espazo Lectura. A sesión, tivo como título Cociña de contos e incluíu as historias de Sopa de nada, A sopa queima e Sopa de soños.
Nesta presentación pódense ver varias fotografías tomadas ese día.

No hay comentarios:
Publicar un comentario