27/9/11

Comeza a tempada 2011-2012 de Espazo Lectura

Espazo Lectura inicia a súa nova tempada con actividades estables de fomento da lectura. Deseguido ofrecemos as próximas citas da programación, que se reanuda no mes de outubro.

CONTOMAR
As sesións de contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos que Espazo Lectura celebra todos os luns na Biblioteca Municipal de Gondomar inaugurará tempada o 3 de outubro a partir das 18:00h. Con esta actividade, Espazo Lectura arrinca un novo curso no que, ao tempo que abrimos libros, queremos abrir tamén portas que nos conduzan a novos lugares onde colleitar coñecemento e imaxinación.


CASA DA LECTURA
O mércores 5 de outubro ás 18:30h celebrarase na Casa da Lectura a primeira sesión semanal de dinamización lectora dedicada a nenos e nenas a patir de 3 anos.


OS CLUBS DE LECTURA
Na entrada anterior, pódese consultar máis información sobre os primeiros títulos que propoñemos para abrir cada un dos clubs. As datas en que se celebrarán as sesións son as seguintes: