Mostrando entradas con la etiqueta Servando Barreiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Servando Barreiro. Mostrar todas las entradas

5/10/10

O músico e contacontos Servando Barreiro abre as portas da Casa da Lectura

O mércores 6 de outubro, a partir das 18.30 horas, a Casa da Lectura acolle unha actuación musical e literaria a cargo do músico e contacontos Servando Barreiro.

Con esta sesión inaugúrase a nova tempada de actividades de dinamización lectora destinadas a nenos e nenas a partir de 3 anos que cada mércores a asociación Espazo Lectura programa na Casa da Lectura, pequena biblioteca e centro de recursos ubicada na parroquia de Donas (Nogueira, 8), en Gondomar.

Todos os mércores, a Casa da Lectura abrirá as súas portas de 17:30h a 19:30h para que as nais e pais poidan achegarse a ler cos nenos e nenas e para participar nas actividades de dinamización que se organizan semanalmente ás 18:30h. Propostas diferentes nas que se relacionan os contos e as historias con moitas outras expresións, sempre de maneira lúdica.

Servando Barreiro participando nunha sesión do Contomar

29/10/09

"Contos musicados" na Biblioteca de Gondomar

Hoxe, na Biblioteca de Gondomar, arredor de 100 nenos e nenas do CEIP Chano Piñeiro e do CEIP Serra-Vincios asistirán á animación "Contos musicados", de Servando Barreiro, feita a partir do libro Micifú e os seus amigos, de Ramón Caride Ogando.

A actividade, xestionada por Espazo Lectura en Gondomar, está promovida pola Editorial Everest e a Secretaría Xeral de Política Lingüística coa colaboración da Biblioteca Municipal.