
Os días
venres 16 e sábado 17 de outubro, no Centro Neural de Gondomar, terán lugar as
Xornadas Lendo en familia que organiza Espazo Lectura en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Estas xornadas,
destinadas fundamentalmente a nais e pais interesados en fomentar o hábito lector nos seus fillos e fillas, queren servir de formación e de intercambio de experiencias para que nais e pais se sintan máis seguros e acompañados nese fascinante camiño. Ao longo deses dous días poderemos:
- aprender a contar contos e a ler cos nosos fillos e fillas
- divertirnos e aprender trucos e ferramentas que podemos utilizar neste proceso
- reflexionar sobre a importancia da lectura na formación dos nenos
- coñecer que se está a publicar en literatura infantil e xuvenil
- asistir a sesións de contacontos que nos sirvan de modelo
Malia estaren destinadas a adultos, durante a celebración das xornadas haberá un
servizo de ludoteca para atender os nenos e nenas mentres as nais e pais asisten ás diferentes sesións. Ademais, cada un dos dous días haberá unha actividade na que tamén poderán participar os pequenos.
PROGRAMA
Venres, 16 de outubro- 17.30-18.30 h: Conferencia inaugural a cargo de Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura, baixo o título "Ler en familia: unha responsabilidade e un pracer".
- 18.30-19.30 h: Cristina Novoa, asesora de bibliotecas escolares da Consellería de Educación da Xunta de Galicia: "Familias lectoras e bibliotecas: aquí facemos falta todos!"
- 19.30-20.30 h: Traslado en autobús á Casa da Lectura (Donas) e sesión de contacontos a cago de Rosana Estévez, vicepresidenta de Espazo Lectura e coordinadora da área de dinamización (participarán tamén os nenos e nenas).
Sábado, 17 de outubro- 10.30-11.30 h: Paula Carballeira, escritora, contadora e actriz: "Mañas para contar un conto".
- 12.00 h: Contacontos de Paula Carballeira (participarán tamén os nenos e nenas).
- 13.00 h: Visita á exposición de materiais e presentación da Guía das xornadas.
- 17.00-18.30: Mesa redonda "A experiencia de medrar nunha casa na que se le", na que participarán Dolores Vilavedra, profesora da Universidade de Santiago e nai nunha casa na que se le, e María do Cebreiro, escritora e filla nunha casa na que se le.
- 19.00-20.00 h: Conferencia de clausura a cargo do escritor Agustín Fernández Paz baixo o título "A descuberta do mundo".
COMO PARTICIPARSe desexades asistir ás xornadas, podedes incribirvos
gratuitamente a través do enderezo electrónico
espazolectura@gmail.com ou chamando ao número
619 292 991 antes do
14 de outubro.
Podedes ver o díptico das xornadas en PDF picando sobre a imaxe que aparece na marxe superior dereita deste blog.