Mostrando entradas con la etiqueta Anxos Sumai. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Anxos Sumai. Mostrar todas las entradas

5/11/08

Club de lectura Sete Vidas

Onte celebrouse a primeira sesión do Club de Lectura Sete Vidas e o resultado foi moi satisfactorio. Na xuntanza inaugural participaron 12 persoas que intercambiaron as súas impresións e valoracións sobre a novela de Anxos Sumai Así nacen as baleas.
Todos os asistentes expresaron que a motivación principal para participar nun club deste tipo é a de converter a lectura nun acto social, compartido, e enriquecer a lectura propia coas múltiples lecturas que poden facer as demais persoas.
Na sesión anunciouse o próximo libro, que comentaremos o primeiro martes de decembro, día 2. Trátase de Vidas post-it, de Iolanda Zúñiga (publicado por Xerais). O coordinador desta sesión será Ángel Iglesias. Únete ao club!



18/10/08

Gústache ler?

Apetéceche compartir as túas lecturas con outras persoas?

Espazo Lectura bota a andar o CLUB DE LECTURA SETE VIDAS

Queremos reunir un grupo de persoas con ganas de ler. O obxectivo é ler un mesmo libro e, unha vez ao mes, xuntarse e falar sobre el. Para participar non hai que ser un lector/a experimentado, soamente hai que gozar da lectura ou querer descubrir que a lectura nos abre as portas para vivir sete vidas e ter ganas de compartir esa experiencia cos demais membros do club.

As reunións celebraranse o primeiro martes de cada mes ás 20 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar.

O primeiro libro que imos comentar é a novela Así nacen as baleas, de Anxos Sumai.

Se queres formar parte do Club de Lectura, ou recibir máis información, chama ao teléfono 619.292.991 ou escribe un correo electrónico a informacion@espazolectura.org deixando o teu nome e un teléfono de contacto.

ANÍMATE A VIR!!

CLUB DE LECTURA SETE VIDAS

Coordinadora: Anaír Rodríguez
Data de comezo: martes 4 de novembro
Lugar: Biblioteca Municipal de Gondomar
Anotarse: espazolectura@espazolectura.org ou tfno. 619.292.991
Organiza: Espazo Lectura (www.espazolectura.org)

Baixa esta información en pdf.