Mostrando entradas con la etiqueta Club de Formación Lectora. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Club de Formación Lectora. Mostrar todas las entradas

16/2/11

Mañá, Club de Formación Lectora con Juan Mata

O xoves 17 celébrase unha nova sesión do Club de Formación Lectora, na que falaremos arredor do libro 10 ideas clave: animación a la lectura de Juan Mata, profesor de Ciencias da Educación da Universidade de Granada.

Videoconferencia co autor
Durante a sesión teremos oportunidade de coñecer o autor do libro a través de videoconferencia, polo que poderemos conversar con el sobre a lectura da súa obra.

A actividade será a partir das 19.00 horas na Biblioteca de Gondomar.

27/11/10

As metamorfoses do libro no Club de Formación Lectora


O pasado 25 de novembro tivo lugar unha sesión do Club de Formación Lectora centrada no ensaio de Román Gubern Metamorfosis de la lectura (editorial Anagrama).
En pouco máis de 100 páxinas, o autor traza un percorrido histórico dende a aparición da linguaxe na especie humana, pasando polas primeiras mostras escritas, a invención da imprenta, o nacemento da novela..., ata rematar na aparición do libro electrónico e a lectura en pantallas. Precisamente foi esta última metamorfose pola está a experimentar o libro a que máis debate suscitou entre os asistentes ao club.

O Club de Formación Lectora está centrado na lectura de libros que teñen como tema a lectura, a animación lectora ou outro tema relacionado co ámbito do libro. Está ideado para garantir a formación continua e o debate de ideas entre as persoas vencelladas a Espazo Lectura.

A seguinte sesión terá lugar o 27 de xaneiro de 2011 e estará dedicada ao libro 10 ideas clave. Animación a la lectura (ed. Graó) de Juan Mata, polo que aproveitamos tamén para recomendar o seu blog Discreto lector.

10/6/09

O xoves, 11 de xuño, Club de Formación Lectora

Mañá xoves, 11 de xuño, vaise celebrar unha nova sesión do Club de Formación Lectora. Desta volta, o libro sobre o que se vai falar é Atravesar o espello (Xerais, 2000), de Xavier Seoane.
O encontro terá lugar, como vén sendo habitual, na Biblioteca do CRA Antía Cal ás 19.30 horas.

11/3/09

Club de Formación Lectora

Onte celebrouse a sesión do Club de Formación Lectora dedicada ao comentario da obra Tras las líneas. Sobre la lectura contemporánea de Daniel Cassany.
A seguinte sesión deste club pensado para garantir a formación continua das persoas vencelladas á asociación centrarase no libro Atravesar o espello do autor galego Xavier Seoane (publicado no ano 2000 por Xerais na colección Peto).
Segundo se di na presentación editorial: "Atravesar o espello quere ser unha reflexión sobre os libros e a lectura, pero sobre todo unha invitación a ler, a máis fermosa, fecunda e incesante viaxe".
A sesión terá lugar o martes 28 de abril ás 19.30 horas na biblioteca do CRA Antía Cal.

6/3/09

Lecturas na rede e Club de Formación Lectora

Achegamos este enlace sobre as 17 Jornadas de Bibliotecas Infantiles, Juveniles y Escolares, organizadas pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez, que se van celebrar en Salamanca os próximos días 28, 29 e 30 de maio de 2009 e que están dedicadas ao interesante tema da lectura e Internet baixo o título "Lecturas en la red y redes en torno a la lectura. Nuevas dinámicas y servicios en los espacios de lectura pública".

Precisamente sobre literacidade electrónica tamén fala o libro escollido para a próxima sesión do Club de Formación Lectora de Espazo Lectura, que terá lugar o vindeiro 10 de marzo, ás 19.30 horas na Biblioteca do CRA Antía Cal. Trátase de Tras las líneas. Sobre la lectura contemporánea, de Daniel Cassany, publicado en 2006 por Anagrama.

22/12/08

¿Demasiados libros?

Los demasiados libros é o título elixido para a última sesión do Club de Formación Lectora, que se celebra hoxe na biblioteca do CRA Antía Cal de Gondomar. A perspectiva de Gabriel Zaid, o autor do ensaio, resulta moi orixinal por abordar o ámbito do libro e a lectura desde unha perspectiva numérica e cunha óptica matemática. Este club de lectura está pensado para garantir a formación continua e a reciclaxe daquelas persoas vencelladas con Espazo Lectura ou que traballan ou colaboran con ela.

6/11/08

Lendo a lectura

Esta tarde celebramos na Biblioteca do CRA Antía Cal unha nova sesión do Club de Formación Lectora, centrada nesta ocasión nun título xa clásico que está orientado basicamente aos hábitos lectores no ámbito escolar: El rumor de la lectura, do Equipo Peonza. Para a vindeira sesión, que se celebrará no mes de decembro, o título elixido para o debate é Los demasiados libros, do mexicano Gabriel Zaid.

27/6/08

Club de Formación Lectora

Onte xoves celebramos unha nova sesión do Club de Formación Lectora, unha iniciativa pensada para garantir a formación continua e a especialización daquelas persoas vencelladas coa asociación Espazo Lectura ou que traballan ou colaboran con ela. Os libros que se len e logo debaten teñen como tema a lectura, a animación lectora ou unha inequívoca relación co libro e o seu ámbito (estratexias de fomento da lectura, librerías, bibliotecas, edición, talleres de lectura, etc).
Nesta ocasión, o título elixido foi La magia de leer, de José Antonio Marina e María de la Válgoma, un libro divulgativo sobre a lectura con algunhas receitas para o seu fomento.




10/3/08

Club de Formación Lectora

O pasado sábado día 8, ás 12 h. do mediodía, celebrouse na Biblioteca de Gondomar a primeira sesión de debate do Club de Formación Lectora. O Club de Formación Lectora é un club de lectura no que os libros obxecto de debate teñen como tema a lectura, a animación lectora ou calquera outro tema directamente relacionado co libro e o seu ámbito (estratexias de fomento da lectura, librerías, bibliotecas, edición, talleres de lectura, etc). Esta nova iniciativa de Espazo Lectura está pensada para garantir a formación continua e a reciclaxe daquelas persoas vencelladas coa organización ou que traballan ou colaboran con ela. O libro elixido para a primeira sesión foi Coma unha novela, de Daniel Pennac, un dos libros máis fermosos e desmitificadores que se escribiron sobre a lectura.