Mostrando entradas con la etiqueta Almudena Janeiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Almudena Janeiro. Mostrar todas las entradas

18/6/10

Preparados os sacos e os pixamas: este sábado, durmimos na biblioteca!



Galería de imaxes das dúas edicións anteriores

O vindeiro sábado 19 de xuño Espazo Lectura, coa colaboración do Concello de Gondomar, organiza a terceira edición da Noite na Biblioteca. Un ano máis, un grupo de 35 nenos e nenas dumirán na Biblioteca Municipal entre palabras, contos e andeis cheos de libros. Pero antes de poñer o pixama haberá unha chea de actividades co libro e a lectura como protagonistas.

O programa, que se pode ver na imaxe que reproducimos máis abaixo, consta de dúas partes:

- A primeira, de asistencia libre e gratuíta, celebrarase no exterior a partir das 19.00 horas e está destinada a nenos e nenas de todas as idades. O punto de encontro será a Praza de Portugal, diante da Biblioteca municipal. Alí, os nenos e nenas atoparanse con dous personaxes moi coñecidos que os van guiar por un vieiro cheo de contos ata regresar de novo ao punto de partida onde poderán gozar coa actuación musical de Almudena Janeiro (ás 20.00 horas) que vai interpretar as cancións de Contos en cantos.

- A segunda parte do programa comeza ás 22.00 horas. Será no interior da biblioteca e asistirán os nenos e nenas que se inscribiron previamente. Logo de cear coas familias, chegará o momento de lavar os dentes e poñer os pixamas para que dea comezo unha noite chea de emocións.
A biblioteca converterase nun escenario de teatro. Primeiro, os nenos e nenas asistirán a un contacontos de sombras. Despois, a compañía de teatro Casahamlet, interpretará a obra A formiga baseada no conto A pedra e as formigas de Jacobo Fernández Serrano. Cando rematen as actividades, meterémonos nos sacos de durmir onde aínda poderemos ler algún libro antes de que se apaguen as luces.

Á mañá seguinte, espertaremos con xogos e cancións e almorzaremos todos xuntos. Será o momento de recoller os sacos de durmir, as zapatillas e os pixamas, reencontrarse coas familias e agardar ata o próximo ano para volver vivir unha noite na biblioteca.


16/11/08

Un intenso concerto musical e literario

Onte á mañá celebrouse no Auditorio Lois Tobío de Gondomar o concerto Contos en cantos, para o que Espazo Lectura reuniu arredor de 400 persoas que asistiron para vibrar e divertirse coas cancións interpretadas polos músicos de Almudena Janeiro, cancións baseadas en doce contos de OQO editora (Chocolata, Mariluz Avestruz, Titiritesa, Loboferoz...). Á saída, OQO e a Secretaría Xeral de Política Lingüística agasallaron aos 240 nenos asistentes con candanseu libro-CD-DVD, que contén as letras e as cancións de Contos en Cantos. O libro tamén pode atoparse nas librerías. Reproducimos unha crónica fotográfica do evento con imaxes cedidas por Bruno Centelles.













14/11/08

Concerto de Almudena Janeiro en Gondomar

Como despedida das actividades lúdico-didácticas que ao longo desta semana está a desenvolver en Gondomar, en colaboración con Espazo Lectura, a editorial OQO para gozar do libro-DVD Contos en cantos, terá lugar o concerto que Almudena Janeiro vai ofrecer no auditorio Lois Tobío o sábado 15 ás 12 horas.
No concerto daranse a man a música e a literatura. Os nenos e nenas van descubir e gozar coa música brasileira, grega ou arxentina ao tempo que escoitan, en forma de cancións, moitos dos contos infantís editados por OQO.
O acceso será libre e gratuíto e cada nen@ que asista recibirá de agasallo o Libro-CD-DVD Contos en Cantos.