O auditorio Lois Tobío de Gondomar acolle o martes 27 de decembro ás 18:00h a representación teatral da obra Cama e conto, a cargo da compañía Babaluva, dentro da programación infantil de Nadal da Concellería de Cultura do Concello de Gondomar. A peza está feita a partir do libro Cama e conto, de Gonzalo Moure (Edicións Xerais), co que Espazo Lectura realizou dúas actividades no 2011: unha sesión do club de lectura compartida Lendo contigo e unha sesión de dinamización lectora na Casa da Lectura.
A programación de nadal da Concellería de Cultura complétase con outros dous espectáculos: Dous pallasos en apuros de Os sete magníficos +1, o mércores 28 de decembro ás 18:00h, e Area e auga de Teatro del Andamio, o xoves 29 de decembro ás 18:00h.
Mostrando entradas con la etiqueta Concello de Gondomar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Concello de Gondomar. Mostrar todas las entradas
26/12/11
1/12/11
Iníciase o proceso de desafectación do espazo que hoxe ocupa a Casa da Lectura

O pleno do Concello de Gondomar aprobou hoxe por unanimidade iniciar formalmente o proceso de desafectación da casa do mestre e da antiga escola de preescolar de Donas, espazo que hoxe ocupa a Casa da Lectura. Logo desta aprobación do pleno, o Concello terá que enviarlle a solicitude e a documentación necesaria á Consellería de Educación, que será a que decida finalmente a desafectación do inmoble para que o Concello de Gondomar poida dispoñer do seu uso. Espazo Lectura solicitáralle xa á anterior corporación municipal que se iniciasen os trámites deste proceso e reiterou logo esa petición dentro das 6 propostas que lle presentou aos partidos políticos que se presentaban ás pasadas eleccións municipais. Neste sentido, Espazo Lectura quere manifestar publicamente a súa satisfacción polo feito de que o pleno aprobase esa proposta por unanimidade e agarda que o proceso poida permitir que se asine un convenio para establecer formalmente a cesión do espazo para o uso que se lle está a dar na actualidade e que, coa ampliación da casa do mestre, poidamos estudar unha mellora do aproveitamento dos dous edificios.
Espazo Lectura mantivo na pasada semana xuntanzas con membros das xuntas directivas da Asociación Veciñal e da Comunidade de Montes de Donas para presentarlles o proxecto, convidalas a coñecer a Casa da Lectura e informalas do inicio do proceso de desafectación. Mantivemos tamén esta semana unha xuntanza co alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, e co Concelleiro de Cultura, Ignacio Troncoso, para solicitar o seu apoio na axilización do proceso, así como para debater co novo goberno municipal o marco de relacións da institución municipal e Espazo Lectura para o futuro. Agardamos que, tal e como acordamos, as relacións entre ambas as entidades queden formlizadas nun convenio que lles dea maior estabilidade.

26/12/10
Mostra de Teatro Infantil
Dentro da programación de Nadal da Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, recomendamos a oferta de teatro infantil para os vindeiros días:- luns 27 de decembro: "Lume", auditorio municipal, 18.00 horas (obra baseada no conto Lume de Alberto Varela)
- martes 28: "Osofete", auditorio municipal, 18.00 horas
- mércores 29: "Monstros de risa", auditorio municipal, 18.00 horas
- 3 e 4 de xaneiro: "O bufón do reino", auditorio municipal, 18.00 horas
15/6/09
A Concellaría de Igualdade de Gondomar organiza un obradoiro sobre banda deseñada
Pódese ver máis información en Vigo Metropolitano.
17/5/08
Lectura de textos de Álvarez Blázquez
A petición do Concello de Gondomar, Espazo Lectura realiza hoxe, ás 19 h., unha lectura pública de textos de Xosé María Álvarez Blázquez, diante do consistorio. Este acto enmárcase no programa que o Concello ten preparado para o día de hoxe, 17 de maio, durante o que tamén inaugurará, en colaboración co Instituto de Estudos Miñoranos, a escultura A galiña azul, de Alfonso Soliño, instalada no Paseo Carlos Casares.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)