Dentro da programación da V Semana do Libro e a Lectura, Espazo Lectura, en colaboración co Concello de Gondomar, celebra este venres 20 de abril a quinta edición do Dar de ler coma quen dá de beber, unha
sesión de lecturas compartidas en voz alta na que unhas 30 persoas
lerán fragmentos de obras escollidas por elas mesmas para compartir cos
demais e recomendar. Con esta iniciativa preténdese celebrar a Semana do
Libro lendo.
A cita será no Café Keik
Con esta iniciativa preténdese reivindicar a
presenza dos libros e a lectura en todos os espazos da vida e facer que
formen parte da nosa actividade cotiá, por iso, o lugar escollido este ano é un café, o Café Keik, situado no Parque das Ánimas de Gondomar. O acto, aberto a quen queira
achegarse ao longo da tarde, transcorrerá dende as 20:00 ata ás 22.30 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario