12/4/12

Gondomar celebra a V Semana do Libro e a Lectura



Con motivo da conmemoración do Día do Libro, entre o martes 17 e o luns 23 de abril de 2012, Espazo Lectura, en colaboración co Concello de Gondomar, organiza a quinta edición da Semana do Libro e a Lectura cunha ampla programación de actividades para todos os días.

O acto central será o domingo 22 de abril, cando está convocada para as 12:00 horas unha Sentada Lectora para celebrar o Día do Libro. Espazo Lectura fai un chamamento á cidadanía para que se achegue á Alameda de Gondomar e sentar cun libro na man, nunha reivindicación cívica da lectura que tamén incluirá actuacións musicais e a lectura dun manifesto a cargo da actriz e escritora Paula Carballeira e da xornalista e tamén escritora Araceli Gonda.

Ademais, durante a semana desenvólvese unha programación especial de actividades diarias. Este é o calendario completo:

Martes 17 ás 20:00h (Biblioteca Municipal Gondomar)
CLUB LECTURAS DEBUXADAS
Cómic proposto: A MAN DO DIAÑO (Demo Editorial)
Contaremos coa presenza do autor, BRAIS RODRÍGUEZ
Mércores 18 ás 18:30h (Casa da Lectura, Donas, Gondomar)
Sesión especial: BEA CAMPOS
Espectáculo: CANTARELA, CONTOS
E CANTOS PARA NENOS E NENAS
Xoves 19 ás 18:00h (Biblioteca Municipal Gondomar)
OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN
Impartido por KIKO DA SILVA
Para nenos e nenas de 6 a 12 anos
Haberá un límite de 30 prazas
Inscricións: teléfono 619292991
correo-e: espazolectura@espazolectura.org
Venres 20 de 20:00h a 22:30h (Café Keik, Parque das Ánimas, Gondomar)
V DAR DE LER COMA QUEN DÁ DE BEBER
Lecturas compartidas en voz alta
Sábado 21 ás 12:00h (Biblioteca Municipal Gondomar)
CLUB DE LECTURA COMPARTIDA LENDO CONTIGO (para familias con nenos/as de máis de 7 anos)
Libro proposto: CARTA URXENTE PARA MÁXIMO TOXO
Contaremos coa presenza do autor, DIEGO REY
Sábado 21 ás 18:00h (Auditorio Municipal Lois Tobío, Gondomar)
Representación teatral de CARTA URXENTE PARA MÁXIMO TOXO, a cargo de TALÍA TEATRO
Organiza: Concellería de Cultura
Sábado 21 ás 22:30h (Casa da Lectura, Donas)
NOITES GOLFAS. Para público adulto
O LEO I ARREMECÁGHONA: concerto baseado no poemario HAI CU (Xerais)
Luns 23 ás 18:00h (Biblioteca Municipal Gondomar)
CONTOMAR. Sesión especial. TÍTERES TRES GLOBOS: Pedro e o lobo

No hay comentarios: