Mostrando entradas con la etiqueta felicitacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta felicitacións. Mostrar todas las entradas
23/12/12
23/12/11
29/12/10
Outro ano apostando pola lectura
O 2010 foi, sen dúbida, o ano de consolidación do proxecto de Espazo Lectura. Todas as actividades conseguiron asentarse e atraer a máis xente. Especial mención merece a Casa da Lectura, que no mes de maio cumpriu un ano mantendo un programa de actividades semanais que se está a converter nun modelo de innovación no fomento da lectura. O número de socios tamén medrou ata sobrepasar os 100 e a organización interna da asociación mellorou en estrutura e capacidade de traballo coa incorporación de novos socios activistas e coa creación do Consello Operativo.Todo este esforzo e ilusión viuse recompensado con dous premios outorgados a Espazo Lectura en 2010: o segundo Premio de Dinamización Sociocultural Everest e o Premio Irmandade do Libro. Así mesmo, Espazo Lectura foi convidada a participar en diversos foros especializados para expoñer o proxecto que desenvolve no Val Miñor.
Un ano máis, o éxito das actividades de fomento da lectura levadas a cabo ao longo de 2010 foi posible grazas ao apoio do Concello de Gondomar e da Consellería de Cultura e, sobre todo, grazas á colaboración dos socios e socias, tanto numerarios coma protectores, que participan económica e humanamente para conseguir que a lectura se convirta nunha práctica cotiá e nunha demanda de toda a sociedade.
Levamos tres anos facendo lectores e lectoras.
Que no 2011 sigamos apostando xuntos pola lectura!
Que no 2011 sigamos apostando xuntos pola lectura!
30/12/09
O ano 2009 serviu para consolidar gran parte das actividades que Espazo Lectura botou a andar apenas un ano antes (coa excepción do Contomar, sesións de contacontos que foron o xermolo da nosa asociación), e tamén foi o ano en que inauguramos un proxecto pioneiro en Galicia e cheo de futuro: a Casa da Lectura.O éxito das actividades de fomento da lectura levadas a cabo ao longo de 2009 (das cales se pode ver máis abaixo un resumo en imaxes) só foi posible grazas aos socios e socias, tanto numerarios coma protectores, que colaboran económica e humanamente para conseguir que a lectura se convirta nunha práctica habitual na nosa sociedade, e grazas a todas as persoas que participan nos diferentes actos movidas polo engado que posúen os libros e a lectura.
Levamos dous anos facendo lectores e lectoras.
Por un 2010 cheo de lecturas!!
Por un 2010 cheo de lecturas!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

