O Instituto de Estudos Miñoranos está a organizar un acto de homenaxe a Valentín Paz Andrade (Pontevedra 1899 – Vigo 1987), un dos máis poliédricos activistas do galego da nosa recente historia. Destacou, ademais, como grande empresario e, por iso, este día 17 de maio a el dedicado os seus colegas, empresarios do Val Miñor, queren renderlle homenaxe recitando poemas seus no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar. Únese xenerosamente á homenaxe o coro tradicional Cantares do Brión que interpretará pezas do seu repertorio coa incorporación dunha obra creada e ensaiada para este evento ao musicar o poema "Tríadas do vento no mar", do libro Sementeira do vento. O acto será conducido polas escritoras Marta Dacosta e Rexina Vega e comezará ás sete e media da tarde do Día das Letras Galegas, 17 de maio de 2012.
Mostrando entradas con la etiqueta IEM. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta IEM. Mostrar todas las entradas
16/5/12
Acto de homenaxe a Valentín Paz Andrade
Reproducimos unha información remitida polo Instituto de Estudos Miñoranos sobre o acto dedicado a Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, que terá lugar este xoves, 17 de maio, ás 19:30 h, no auditorio Lois Tobío de Gondomar. O acto consistirá nun recital de poemas de Paz Andrade a cargo de empresarios do Val Miñor e na actuación do coro tradicional Cantares do Brión.
19/6/09
As Redes Escarlata premian o IEM
O sábado, día 20 de xuño, a partir das 12.30 horas, terá lugar no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, o acto de entrega do Premio Roberto Vidal Bolaño que a asociación sociocultural Redes Escarlata outorgou ao Instituto de Estudos Miñoranos.
O acto, presentado polo escritor Anxo Angueira, desenvolverase co seguinte programa:
12.30 horas. Representación de Unha historia da lingua, a cargo das alumnas e alumnos do Colexio da Cruz, de Camos (Nigrán).
13.15 horas. Recital poético das Redes Escarlata.
13.30 horas. Exposición dos motivos do premio, pola escritora e ceramista Elvira Riveiro e entrega do premio.
14.00 horas. Clausura do acto a cargo do alcalde de Gondomar. A continuación terá lugar un xantar de confraternidade.
O acto, presentado polo escritor Anxo Angueira, desenvolverase co seguinte programa:
12.30 horas. Representación de Unha historia da lingua, a cargo das alumnas e alumnos do Colexio da Cruz, de Camos (Nigrán).
13.15 horas. Recital poético das Redes Escarlata.
13.30 horas. Exposición dos motivos do premio, pola escritora e ceramista Elvira Riveiro e entrega do premio.
14.00 horas. Clausura do acto a cargo do alcalde de Gondomar. A continuación terá lugar un xantar de confraternidade.
4/6/09
Tertulia do IEM con Rosa Aneiros
Dentro das tertulias que organiza o IEM no Pazo da Escola, en Gondomar, mañá venres 5 de xuño, ás 20:30 horas, tócalle o turno á escritora Rosa Aneiros. Xornalista e narradora, Rosa Aneiros é investigadora da Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega e colaboradora habitual de distintos medios de comunicación. Ao remate do acto, aberto ao público, o IEM organiza unha cea co escritora, á que se pode asistir reservando previamente no teléfono 986360575.Como escritora, Rosa Aneiros é autora de novelas como Resistencia (Xerais, 2002, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente) e Veu visitarme o mar (Xerais, 2004); do libro de artigos A pé do abismo (Xerais, 2007); e no ámbito da literatura infantil e xuvenil publicou O xardín da media lúa (Galaxia, 2004) e Os ourizos cachos e o gran río gris (Galaxia, 2008).
A súa obra, traducida ao castelán e ao portugués, recibiu recoñecementos como o Premio Modesto Rodríguez Figueiredo (Pedrón de Ouro, 1998); o Manuel Lueiro Rey (1996); o Manuel Murguía (2001), o Carvalho Calero (2001), ou o Losada Diéguez (2005).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)