Mostrando entradas con la etiqueta asemblea xeral extraordinaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta asemblea xeral extraordinaria. Mostrar todas las entradas

27/11/12

Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria

Lembramos aos socios e socias de Espazo Lectura que o martes 11 de decembro de 2012, a partir das 18:30 horas en primeira convocatoria e das 19:00 horas en segunda, terá lugar na Casa da Lectura unha Asemblea Xeral Extraordinaria coa seguinte

ORDE DO DÍA

1. Presentación, debate e, se procede, aprobación dunha proposta para a renovación do sitio web de Espazo Lectura.

Prégase a asistencia de todos os socios e socias.

16/3/12

Asemblea Xeral Ordinaria

Lembramos aos socios e socias de Espazo Lectura que mañá sábado 17 de marzo, a partir das 11:00 horas en primeira convocatoria e 11:30 en segunda, terá lugar, na Casa da Lectura, a Asemblea Xeral Ordinaria da asociación coa seguinte

ORDE DO DÍA

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Altas e baixas de socios/as.
3. Memoria de actividades do ano 2011.
4. Memoria económica do ano 2011.
5. Varios.
6. Rogos e preguntas.

O propio sábado, a partir das 12:30 horas en primeira convocatoria e 13:00 en segunda, desenvolverase a Asemblea Xeral Extraordinaria baixo a seguinte

ORDE DO DÍA

1. Elección da nova Xunta Directiva de Espazo Lectura.


Informamos tamén de que na Asemblea Extraordinaria celebrada onte, 15 de marzo, foi aprobada por unanimidade a reforma de estatutos da asociación.


9/3/12

Convocadas tres Asembleas Xerais de Espazo Lectura para a vindeira semana

Espazo Lectura convocou aos seus socios e socias a tres asembleas que se celebrarán  o vindeiro xoves 15 de marzo e o sábado 17 de marzo:

Asemblea Xeral Extraordinaria, que se celebrará o xoves 15 de marzo de 2012, a partir das 18:00 horas en primeira convocatoria e a partir das 18:30 horas en segunda convocatoria, na Casa da Lectura cun punto único e baixo a seguinte

Orde do día
1. Actualización e modificación dos Estatutos de Espazo Lectura.

Asemblea Xeral Ordinaria, que se celebrará o sábado 17 de marzo de 2012, a partir das 11:00 horas en primeira convocatoria e a partir das 11:30 horas en segunda convocatoria, na Casa da Lectura baixo a seguinte

Orde do día
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Altas e baixas de socios
3. Memoria de actividades do ano 2011
4. Memoria económica do ano 2011
5. Varios
6. Rogos e preguntas


Asemblea Xeral Extraordinaria, que se celebrará tamén o sábado 17 de marzo de 2012, a partir das 12,30 horas en primeira convocatoria e a partir das 13:00 horas en segunda convocatoria, na Casa da Lectura, cun punto único e baixo a seguinte

 Orde do día
1. Elección da nova Xunta Directiva de Espazo Lectura.