Mostrando entradas con la etiqueta II Noite na Biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta II Noite na Biblioteca. Mostrar todas las entradas
1/7/09
Reportaxe sobre a Noite na Biblioteca
A Nosa Terra TV estivo en Gondomar na II Noite na Biblioteca e agora publica unha estupenda reportaxe sobre Espazo Lectura e esta actividade. Pode verse aquí.
30/6/09
A sesión de atrapacontos da Noite na Biblioteca
Anxo Moure veu montado na súa ciclobiblioteca, na cal moitos nenos e nenas puideron pasear mentres lían un conto. Despois, fixo unha sesión de atrapacontos: atrapou todas as historias que contan os montes e os bosques e transmitíullelas aos máis pequenos, para que se convirtan en protagonistas da defensa da natureza...






29/6/09
O día da Noite na Biblioteca a praza tamén estivo moi animada...
Dentro da programación ao aire libre da II Noite na Biblioteca, que comezou ás sete do serán, realizáronse catro obradoiros que tiveron moito éxito: un obradoiro de elaboración de marcapáxinas, un obradoiro de ilustración, un de cancións de conto e un "gravacontos", onde os nenos e nenas (e non tan nenos!) puideron poñer a proba os seus dotes artísticos representando un conto diante dunha cámara de vídeo.
28/6/09
25/6/09
Este sábado durmimos na biblioteca!

O vindeiro sábado, 27 de xuño, Espazo Lectura celebra, coa colaboración do Concello de Gondomar, a segunda edición da Noite na Biblioteca. Por segundo ano, un grupo de 31 nenos e nenas durmirán na Biblioteca Municipal entre palabras, contos e moita maxia. Pero antes de poñer o pixama haberá unha manchea de actividades co libro e a lectura como protagonistas.
O programa consta de dúas partes:
A primeira parte, de acceso libre, celebrarase no exterior a partir das 19.00 horas e está destinada a nenos e nenas de todas as idades. Se a meteoroloxía o permite, será na Praza de Portugal, diante da biblioteca; en caso de que chova, desprazarase a unha carpa situada na alameda.
Os nenos e nenas poderanse inscribir en diversos obradoiros (de ilustración, de elaboración de marcapáxinas, de cancións de conto, de interpretación...). Tamén contaremos coa presenza de Anxo Moure, o Carballo con Botas, que virá montado na súa ciclobiblioteca ateigada de libros e que nos vai agasallar cunha sesión de atrapacontos.
A segunda parte do programa comeza ás 22.00 horas. Será no interior da biblioteca e asistirán os nenos e nenas que se inscribiron previamente. Gustaríanos que fosen moitos máis, pero as limitacións do espazo fan que só poida participar un número reducido.
Logo de cear coas familias, chega o momento de lavar os dentes e poñer os pixamas para que dea comezo unha noite chea de emocións. A biblioteca vaise converter nun lugar de engado coa presenza do Mago Cali, que fará que descubramos A Maxia da Lectura a través do libro Ó outro lado do sombreiro, de Carles Cano, que será agasallado aos participantes grazas á colaboración de Edicións Xerais de Galicia.
Despois da sesión de maxia, leremos contos antes de nos meter nos sacos de durmir e apagar as luces.
Á mañá do domingo, espertaremos con xogos e cancións e almorzaremos todos xuntos. Será o momento de recoller os sacos, as zapatillas e os pixamas; recibir as familias e agardar ata o próximo ano para volver vivir unha noite na biblioteca.
16/6/09
Aberto o prazo para a II Noite na Biblioteca
A partir de hoxe, 16 de xuño, queda aberto o prazo para inscribirse na II Noite na Biblioteca que Espazo Lectura organiza, coa colaboración do Concello de Gondomar, a noite do 27 ao 28 de xuño na Biblioteca Municipal. Igual que o ano pasado, a actividade terá dúa partes:
Durmiremos na biblioteca en colchonetas e con sacos de durmir. Se estades interesados en que o voso fillo ou filla quede a durmir na biblioteca podedes mandarnos un correo electrónico (espazolectura@espazolectura.org) ou chamar ao 619.29.29.91. O prazo de inscrición remata o luns 22 de xuño.
Nos vindeiros días publicaremos información máis detallada da actividade.
1) A 1ª parte (de 19:00h a 21:30h), será totalmente aberta a nenos e nenas de todas as idades, con obradoiros e paseos lectores en ciclobiblioteca, así como unha sesión de atrapacontos con Anxo Moure.Dispoñemos de 30 prazas e terán preferencia, en primeiro lugar, os fillos e fillas de socios/as de Espazo Lectura e, en segundo lugar, os nenos e nenas que participaron ao longo do curso nas nosas actividades estables de fomento da lectura (Contomar e Club de lectura compartida Lendo contigo).
2) Na 2ª parte, a partir das 21:30h comezan as actividades da noite, dirixidas a nenos e nenas de 6 a 11 anos.
Durmiremos na biblioteca en colchonetas e con sacos de durmir. Se estades interesados en que o voso fillo ou filla quede a durmir na biblioteca podedes mandarnos un correo electrónico (espazolectura@espazolectura.org) ou chamar ao 619.29.29.91. O prazo de inscrición remata o luns 22 de xuño.
Nos vindeiros días publicaremos información máis detallada da actividade.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



