Mostrando entradas con la etiqueta programación de adultos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta programación de adultos. Mostrar todas las entradas
21/1/13
"Portugal", este mes no Lecturas Debuxadas
Mañá martes, 22 de xaneiro, ás 20:00 h, terá lugar na Biblioteca de Gondomar a cita mensual do club Lecturas Debuxadas.
Nesta ocasión, o cómic sobre o que versará a xuntanza é Portugal (Normal, 2012), de Cyril Pedrosa.
Simon Muchat é un debuxante de cómics en plena crise. Despois do éxito do seu primeiro libro, sofre un bloqueo que lle impide volver escribir. Este bloqueo está destruíndoo todo: o seu traballo, a súa vida persoal, a relación coa súa parella, as súas ilusións...
Cando todo parece esboroar e perder o sentido, Simon recibe unha invitación para asistir a un festival de cómics en Portugal, o país natal da súa familia e o lugar onde pasou varios veráns durante a súa infancia.
En Portugal e a través dos seus cheiros, cores, idioma e xentes, descubrirá outra forma de existir, de pensar e de ser, unha nova formulación vital que podería converterse nunha nova fonte de inspiración, persoal e profesional.
14/1/13
A escritora Rexina Vega estará este marte no Sete Vidas
O martes 15 o club de lectura Sete Vidas celebra o seu encontro de xaneiro para falar da novela Dark Butterfly (Xerais 2012) da escritora miñorana Rexina Vega.
A partir das 20:00 horas, na biblioteca municipal de Gondomar, os lectores e lectoras da novela porán en común as súas impresións sobre a obra e, a partir das 21:00h, a propia autora Rexina Vega unirase á tertulia para conversar coas persoas que se animen a participar na actividade.
![]() |
| Rexina Vega |
O mes de decembro, a sesión do Sete Vidas estivo dedicada á novela POB. 1280, de Jim Thompson. Estas son algunhas imaxes dese día.
17/12/12
Unha novela gráfica de Kim Deitch, o martes no Club de Lectura Debuxadas
O vindeiro martes 18 de decembro, ás 20:00 horas, como vén sendo habitual, terá lugar unha nova sesión do Club de Lecturas Debuxadas, dedicado á lectura de novela gráfica ou banda deseñada. O título elixido nesta ocasión, arredor do que se centrará o debate das persoas asistentes, é Na procura de Ed o Riseiro, de Kim Deitch, editado por Rinoceronte editora.
Traducida do inglés por Rafael Salgueiro, Na procura de Ed o Riseiro é unha arriscada proposta que relata a investigación que Kim Deitch fai dos segredos ocultos da vida e da profesión do presentador dun programa de televisión para nenos e do seu malévolo (de feito, posiblemente demoníaco) camarada. Acabarán metidos na alladada uns extraterrestres, o mesmo que Abraham Lincoln… e naturalmente o omnipresente protagonista das aventuras de Deitch, o gato Waldo.
Deixámosvos a continuación algunhas imaxes da sesión do mes de novembro, na que comentamos Barrio, de Carlos Giménez.

3/12/12
POB. 1280 de Jim Thompson, mañá no Sete vidas
Este martes 4 de decembro ás 20:00h vaise celebrar na Biblioteca Municipal de Gondomar a sesión de decembro do club de narrativa Sete vidas, que xirará arredor de POB. 1280, de Jim Thompson, editada en galego por Rinoceronte Editora. Trátase dunha novela ambientada no Sur profundo dos Estados Unidos a principios do séc. XX que presenta unha historia narrada en primeira persoa polo seu protagonista, o shériff Nick Corey. Polo que o propio Corey nos conta, non é o shériff máis espelido –nin máis traballador– do mundo: o seu lema é mirar para outro lado e non intervir, salvo que zafarse lle resulte totalmente imposible.
Jim Thompson (Oklahoma 1906-California 1977) foi novelista, xornalista e guionista. Na década de 1950 gañou certo renome no circuíto da novela negra, mais foi a súa unha fama pasaxeira e restrinxida. A finais do século xx, porén, comezou a reivindicarse a súa obra polo seu valor literario intrínseco, que transcendía os límites do xénero negro. Fillo dun shériff rural defenestrado por ludópata, familiarizado desde a adolescencia coas miserias ocultas da sociedade «normal» (traballou de mozo de hotel en plena Lei Seca), de vida sempre inestable, alcohólico ata o final, Thompson soubo observar con agudeza e retratar con mestría.
Deixámosvos a continuación algunhas imaxes da sesión do pasado mes de novembro, que xirou arredor da novela Meu pai vaite matar e contou coa presenza da autora, María Xosé Queizán.

19/11/12
O club Lecturas Debuxadas dedica a sesión mensual a Carlos Giménez
O club Lecturas Debuxadas de Espazo Lectura celebra este martes 20 de novembro a súa sesión mensual. Nesta ocasión, a obra sobre a que se vai falar é Todo Barrio, de Carlos Giménez. A sesión comezará ás 20:00 horas e terá lugar na Biblioteca de Gondomar.
Carlos Giménez está considerado como o autor máis importante da historieta española das últimas tres décadas. En Barrio narra a súa infancia no Madrid dos anos 50 tras saír do orfanato de Paracuellos.
Na sesión do mes de outubro, tivemos a visita de Tokio, autor de Cabana de Balieiros. Estas son varias imaxes dese día.
15/11/12
O músico Julián Hernández e o poeta Manuel Romón estarán este sábado nas Noites Golfas
O músico Julián Hernández e o poeta Manuel Romón estarán
este sábado, 17 de novembro, nas Noites Golfas que celebra Espazo Lectura na Casa da Lectura, en Donas, Gondomar.
O acto, que dará comezo á 22:30 horas, titúlase "Opera aperta"e consiste nun recital performativo construído a base de combinar a palabra, a música e os silencios,
establecendo un diálogo contemporáneo entre a palabra e a música.O músico Julián Hernández, fundador e líder de Siniestro Total, e o poeta Manuel Romón ofreceranlle ao público de Espazo Lectura un recital de carácter minimalista con vocación transgresora.
Ambos os dous artistas teñen unha longa traxectoria de traballo en común desde que, a finais dos anos 70, se creara o grupo de comunicación poética Rompente na cidade de Vigo. A súa actitude de vangarda como forma de encarar a relación co proceso creativo e a súa comunicación forma parte dos espectáculos, que teñen vocación de axitar e levar a poesía e a música a espazos e escenarios novos, procurando conectar co público desde o seu carácter experimental. Este magnífico espectáculo, que Espazo Lectura se comprace en poder ofrecer no Val Miñor, realizouse en lugares como a Fundación Luís Seoane da Coruña ou o Auditorio Municipal do Concello de Vigo.
![]() |
| Fonte imaxe: El Mundo. |
5/11/12
María Xosé Queizán no club de lectura Sete Vidas
O martes 6 de novembro na Biblioteca Municipal de Gondomar ten lugar a cita mensual co club de lectura Sete Vidas. Nesta ocasión, os lectores e lectoras que queiran achegarse á biblioteca poderán falar arredor da novela Meu pai vaite matar (Edicións Xerais) da autora María Xosé Queizán. A actividade comeza ás 20.00 horas.
Contaremos coa visita da autora
A partir das 21.00 horas, María Xosé Queizán achegarase á biblioteca de Gondomar para conversar sobre a súa obra coas persoas que acudan ao club.

A continuación pódense ver varias imaxes da sesión do mes de outubro, onde contamos coa presenza de Antón Riveiro Coello.
19/10/12
Roteiro de "Os fillos do mar" con Pedro Feijoo
Os membros do club de lectura Sete vidas de Espazo Lectura terán a oportunidade de facer na tarde de mañá sábado 20 de outubro o roteiro da novela Os fillos do mar acompañados do autor, Pedro Feijoo. Esta novela, que foi comentada na sesión do Sete vidas do pasado mes de xuño, ofrece un interesante percorrido pola arquitectura e o patrimonio histórico-monumental da
cidade de Vigo. Mañá, os asistentes ao club de lectura poderán completar ese percorrido literario cun roteiro guiado e comentado polo propio Pedro Feijoo, a quen desde Espazo Lectura lle agradecemos que accedese a acompañarnos. O punto de partida será a rúa Rosalía de Castro (a carón do mercado) de Gondomar ás 17 horas.
15/10/12
Tokio no Club Lecturas Debuxadas

O próximo martes 16 de outubro iníciase unha nova tempada do Club Lecturas Debuxadas. Facémolo coa lectura de Cabana de Balieiros, de Tokio, publicado por Demo Editorial. A sesión comezará ás 20:00h na biblioteca municipal e ás 21:00h incorporarase o propio Tokio para conversar cos lectores e lectoras sobre a súa obra.
En Cabana de Balieiros cóntase a historia dunha vila mariñeira imaxinaria onde non todo é o que parece, onde as mulleres son protagonistas e os homes non están, atópanse pescando baleas.
Tokio é o seudónimo de Alfredo López, veciño de Gondomar, biólogo e ilustrador, especializado en ilustración científica. Cabana de Balieiros é a súa primeira novela gráfica.
23/9/12
A Xunta directiva reuniuse para preparar a nova tempada 2012-2013
Logo do verán, a Xunta Directiva de Espazo Lectura celebrou o pasado sábado 15 de setembro unha reunión de día completo (de 10 a 14 h. e de 16 a 20,30 h.) para falar do funcionamento e futuro de Espazo Lectura e, sobre todo, para preprar e programar a nova tempada, que comeza o próximo 1 de outubro e que se desenvolverá ata xuño de 2013.
Tendo en conta as propostas e reflexións que se recolleran na reunión do Consello Operativo celebrada o pasado 3 de xullo, botaremos a andar nesta tempada 2012-2013 unha programación con máis de cen citas estables na que, amais de darlle continuidade a todas as actividades que xa se realizaban en tempadas anteriores, imos tentar incorporar dúas novas liñas de traballo: o Comando Le, dirixido a rapaces e rapazas de 12 a 15 anos, e unha proposta lectora para o entorno dos bebés.
Mentres non comeza a nova tempada, deixarémosvos aquí dúas crónicas pendentes do final da tempada pasada: a V Noite na Biblioteca e a IV Fogueira dos versos. Esperámosvos a semana que vén no Contomar, no Sete vidas e na Casa da Lectura.

26/7/12
As actividades volven despois do verán
As actividades de Espazo Lectura volven despois do verán: o Contomar o luns día 1 de outubro, o club Sete vidas o martes 2, a Casa da Lectura o mércores 3, o club Lecturas debuxadas o martes 16 e o club Lendo contigo o sábado 27 de outubro. En agosto estamos de vacacións e en setembro andaremos xa preparando a posta en marcha da nova tempada de actividades 2012-2013, na que esperamos seguir contando co apoio e a participación de todas as persoas -as de sempre e as novas- que queiran achegarse ao proxecto de Espazo Lectura para compartir tempos e espazos para a lectura, tanto a través da nosa programación infantil como da de adultos.
Por se vos apetece aproveitar o verán para ir adiantando lectura, lembrámosvos os títulos cos que abriremos a próxima tempada. No club Sete vidas do 1 de outubro falaremos de Laura no deserto, de Antón Riveiro Coello, publicado pola editorial Galaxia, nunha sesión na que teremos a oportunidade de conversar co autor. O club Lecturas debuxadas do 16 de outubro xirará arredor do cómic Cabana de Balieiros, publicado por Demo Editorial. O seu autor, Tokio, tamén estará na sesión para conversar cos asistentes. Convidados quedades para estas dúas citas da próxima tempada! Que teñades boas vacacións e boas lecturas...

27/6/12
O club Lecturas debuxadas despediuse ata outubro
Aproveitouse tamén esta última sesión para que os membros do club puidesen intercambiar recomendacións de lectura de cómics para o verán e para presentar a proposta coa que retomaremos a actividade deste club en outubro: Cabana de Balieiros, de Tokio, editado por Demo Editorial. Será o 16 de outubro nunha sesión na que contaremos coa presenza do autor.
20/6/12
Este sábado, IV Fogueira dos versos na Casa da Lectura
Este próximo
sábado 23 de xuño, a partir das 21:00h, a Casa da Lectura acollerá a actividade
coa que Espazo Lectura pecha a tempada 2011-12: a IV Fogueira dos Versos. O
acto, que toma prestado o nome dun poemario de Antonio García Teijeiro, combinará lume, poesía e maxia para celebrar lendo a noite de
San Xoán. Arredor dun pequeno lume que nos servirá para asar uns chourizos,
compartiremos, como en anos anteriores, cea, conversa, poemas e maxia nunha proposta coa que pecharemos
as nosas actividades ata despois do verán.
O horario será o seguinte:
21:00-22:30h: Cea compartida. Aínda que asaremos uns chourizos, agradécese que as persoas que se acheguen traian algo de cea para compartir.
22:30h-23:15h: Música, baile e herbas de San Xoán.
23:15-24:00h: Lectura de poemas.
24:00h-01:00h: Lume de maxias, actuación do Mago Cali.

Convidámosvos a
achegarvos, adultos e nenos, o sábado á noite á Casa da Lectura (Nogueira, 8 –
Donas) para celebrar xuntos a noite de San Xoán e darlle vida á luz da poesía. Traede
os vosos poemas para ler!!
17/6/12
Este martes, Taniguchi no club Lecturas debuxadas
O martes 19 de xuño o Club Lecturas Debuxadas terá a última
sesión da tempada, na que comentaremos o cómic Un zoo en invierno, de
Jiro Taniguchi. A actividade comeza ás 20:00h na Biblioteca Municipal de
Gondomar. Con esta proposta o Club Lecturas Debuxadas de Espazo Lectura
despídese ata o mes de outubro.
O libro
Un zoo en invierno
relata os comezos de Jiro Taniguchi como mangaka. Trátase dun cómic
semi-autobiográfico onde o autor nos conta como deixou todo para irse a
Tokio, onde se incorporará ao equipo do maestro mangaka Kondo (Kyota
Ishika na vida real). Neste traballo, Hamauchi (seudónimo do propio
Taniguchi) aprenderá todas as etapas do traballo de facer mangas e
darase conta da dificultade de realizar unha obra propia.
O autor
Jiro Taniguchi é un
famoso autor de manga xaponés de estilo realista, trazo limpo e acabado
detallista, moi influenciado polo cómic europeo. É autor dos mangas
Barrio Lejano, La montaña mágina, El almanaque de mi padre ou El gourmet
solitario, entre outros moitos títulos.
A continuación, algunhas das imaxes da sesión do pasado mes de maio, na que falamos de Agencia de viajes Lemming, de José Carlos Fernandes.
A continuación, algunhas das imaxes da sesión do pasado mes de maio, na que falamos de Agencia de viajes Lemming, de José Carlos Fernandes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)