8/9/10

Comeza a nova tempada en Espazo Lectura

O verán xa está chegando á súa fin e Espazo Lectura retoma as actividades estables de fomento da lectura. Deseguido ofrecemos a programación coa que inauguraremos a nova tempada.

CONTOMAR
As sesións de contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos que Espazo Lectura celebra todos os luns na Biblioteca Municipal de Gondomar inaugurará tempada o 4 de outubro. Con esta actividade, Espazo Lectura inaugura un novo curso no que, ao tempo que abrimos libros, queremos abrir tamén portas que nos conduzan a novos lugares onde colleitar coñecemento e imaxinación.
CASA DA LECTURA
O mércores 6 de outubro celebrarase na Casa da Lectura a primeira sesión semanal de dinamización lectora dedicada a nenos e nenas a patir de 3 anos.


OS CLUBS DE LECTURA
Na entrada anterior, pódese consultar máis información sobre os primeiros títulos que propoñemos para abrir cada un dos clubs. As datas en que se celebrarán as sesións son as seguintes: