Mostrando entradas con la etiqueta Salón do Libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Salón do Libro. Mostrar todas las entradas

1/3/12


Do 4 ao 31 de marzo de 2012 desenvolverase en Pontevedra unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
Durante este mes, o Pazo da Cultura de Pontevedra acolle exposicións, obradoiros e múltiples actividades para todos os públicos relacionadas co libro e a literatura infantil e xuvenil que inclúen espectáculos, música, conferencias... Pódese consultar o programa completo, día a día, aquí.
O tema deste ano é 12 +1. O Salón indagará nas supersticións, de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte, e nas historias dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil.

9/2/11

A mentira centra o XII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra


Dende o 6 de febreiro ao 19 de marzo estarán abertas as portas da décimo segunda edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil no Pazo da Cultura de Pontevedra. O programa, que podedes consultar aquí, componse de exposicións, concertos, obradoiros, conferencias e moita, moita, literatura.
O tema central deste ano son as mentiras e a autora homenaxeada, Gloria Sánchez.

12/3/10

Esta fin de semana clausúrase o Salón do Libro de Pontevedra

Na última fin de semana de programación do XI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra destacamos dúas citas:
  • O sábado 13 de marzo, a partir das 13:00 horas no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra celebrarase unha homenaxe a Agustín Fernández Paz. Durante a duración do Salón está instalada unha exposición que percorre a traxectoria autoral do autor ao longo de dúas décadas e recrea o ambiente dalgunha das súa sobras máis significativas. No acto de homenaxe intervirán o escritor Xabier P. DoCampo e os músicos Mini e Mero.
  • O domingo 14 de marzo á 12.00h no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra clausúrase o Salón co concerto A nena e o grilo. Este espectáculo está baseado no libro-CD homonimo de OQO editora, traballo bibliodiscográfico co que o compositor e intérprete ourensán Magín Blanco se atreve a dar o salto ao público infantil. Neste concerto familiar estará Magín Blanco (guitarra, voz) acompañado por Uxía, Guadi Galego, Xoán Curie l(guitarra e voz), Sergio Sales (teclado) e Charo Pita (voz e narración).

11/2/10

Levírtete no Salón do Libro de Pontevedra

Levírtete: este é o lema empregado na edición de 2010 do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, dedicada este ano á cidade.
Dende o 7 de febreiro e ata o 14 de marzo, o Pazo da Cultura de Pontevedra acolle exposicións, obradoiros e múltiples actividades para todos os públicos relacionadas co libro e a literatura infantil e xuvenil que inclúen espectáculos, música, conferencias... Pódese consultar o programa completo, día a día, aquí.
Ademais, este ano o Salón rende homenaxe a dous autores ben coñecidos e queridos en Gondomar: Agustín Fernández Paz e Xabier P. DoCampo, que ademais acaban de ser recoñecidos entre os once mellores autores do século XX.

31/1/09

Comeza o X Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra


Do 1 de febreiro ao 15 de marzo estarán abertas as portas da décima edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. O programa, que podedes consultar aquí, componse de exposicións, concertos, obradoiros, conferencias e moita, moita, literatura.
O tema central deste ano será o amor e a escritora homenaxeada é Fina Casalderrey, unha amiga de Espazo Lectura.

27/1/08

IX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Dende hoxe e ata o 2 de febreiro pódese visitar a novena edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que se celebra no Pazo da Cultura da cidade.

A edición deste ano ten como motivo principal o mar e dende a organización convídannos a que nos mergullemos "nun mar que ole a todos os salitres do mundo. Nas mareas viaxan letras escritas en todos os idiomas inventados que traen historias fabulosas de pobos submarinos, criaturas con branquias e correntes oceánicas. O mar é a patria dos recordos, a paisaxe da infancia, a banda sonora dunha emoción… e o acubillo dos poetas.”

Durante toda a semana poderemos nadar nun mar de lecturas e participar en actividades que van dende sesións de contacontos a presentacións de libros; dende obradoiros de pintura a representacións teatrais; dende conferencias a concertos...

Así que botemos man do flotador e a nadar!