
O próximo
luns 3 de outubro damos comezo a nova tempada do
Contomar. Nesta sesión, da man do profesor Aristítoles e as súas colaboradoras, descubriremos o
Catálogo de OBXECTOS REBULDEIROS. Saberemos toda a verdade sobre as feras que nos axexan na casa e tamén fóra dela. Darannos explicación científica para todos os fenómenos que poidan tela e tamén os que non. Se queredes descubrir toda a verdade, e máis nada que a verdade, sobre estes obxectos non deixedes de vir o luns á
Biblioteca de Gondomar a partir das
18:00 horas.
1 comentario:
Feliz tempada!
Publicar un comentario