15/10/11

O luns, Contomar

Coma todos os luns, o 17 de outubro a biblioteca de Gondomar acolle a sesión semanal do Contomar, na cal se lerán títulos como O grande tronante, e Gloria Sánchez e Xan López (Xerais), O galo Quirico (Kalandraka), Contos para nenos que dormen deseguida, de Pinto e Chinto (Kanandraka) ou Lolo anda en bicicleta, de Carlos Casares (Galaxia).
A sesión de contacontos comeza ás 18.00 horas.

Estas son algunhas imaxes do Contomar do luns 10.