
Cabana de Balieiros é unha vila imaxinaria, inspirada en varias localidades da Costa da Morte, nos tempos en que os barcos aínda navegaban coa forza do vento. Esta vila é das que agochan segredos. Moitos deles son misterios que levan e traen as mareas. Algúns afúndense, e outros saen á superficie cando ninguén o espera. Un novo párroco, chamado Telmo, chega á vila, e atópase cunha igrexa abandonada e un mundo que se descubre coas historias que fermentan na terra, fillas do salgado vento que trae o mar. Alí atopa a Céltia, unha muller herdeira de todas as sereas que na historia houberon. Ambos son testemuñas dos dramáticos acontecementos que acontecen nunha terra de costumes ancestrais, onde os instintos humanos marcan o ritmo da vida, xeran o destino dos seus habitantes e levan a algúns ao naufraxio da súa propia alma.
Unha historia que nos achega ao contexto social da Galicia do século XIX, desde a mirada dun autor que, fundamentalmente e por riba de todo, é un defensor da natureza e ten alma de mariñeiro.
No acto estará presente, ademais do autor, o debuxante e deseñador Pepe Carreiro que realizará a presentación da obra.

No hay comentarios:
Publicar un comentario