4/10/11

A Casa da Lectura volve abrir as súas portas este mércores


Retómanse as actividades semanais de dinamización lectora na Casa da Lectura. O mércores 5 de outubro, a partir das 18:30 horas, estreamos nova tempada con historias de crocodilos que falan en francés. A lectura bilingüe, o audiovisual e a plástica combinaranse nunha sesión moi creativa durante a cal poderemos comprobar como medramos con cada conto que lemos.