
Este
mércores 5, na
Casa da Lectura,
falaremos de monstros: imos descubrir cantos son, onde viven, como se chaman, que idioma falan... Para rematar, convidaremos os nosos monstros favoritos a visitar a Casa da Lectura para que nos conten o que máis lles gusta facer. Nós xa vos adiantamos que a nosa "monstra" come margaridas en primavera e canta rockn'roll.
A sesión será ás
18:30h, aínda que a
Casa da Lectura permanecerá aberta, coma sempre, desde as 17:30h.
Deixámosvos aquí algunhas imaxes da sesión
Xogamos cos contos da semana pasada
, onde se ven os equipos tirando o dado, pensando as súas respostas e avanzando polo taboleiro á procura do seu tesouro.




No hay comentarios:
Publicar un comentario