
Malta e Marqués, dous cans que viven na rúa e pasan moita fame, achéganse ao vertedoiro na procura de algo de comida: mentres Malta remexe no lixo buscando algo de proveito, Marqués fálalle das moitas cousas que podería facer por ela... Esta é a historia de
¿E ti que farías por min?, de
Fina Casalderrey (
Edicións Xerais), un dos contos protagonistas da sesión deste
luns 10 de maio no
Contomar. Os nenos e nenas achegaranse tamén ás historias de
Ranilda (
OQO),
A casa máis grande do mundo (
Kalandraka) ou
Caixa de cartón (OQO). Celebraremos ademais o
cumprecontos de Ana, unha das nenas do Contomar que esta semana fixo 7 anos. Será ás
18:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar.
Estas son algunhas imaxes do Contomar da semana pasada.






No hay comentarios:
Publicar un comentario