Esta semana, na Casa da Lectura, descubriremos o poder da ilustración para contar historias. Para iso, achegámonos a estes títulos: Clown, do ilustrador Quentin Blake, un álbum sen palabras que comeza cando a un pallaso de xoguete o tiran a un cubo de basura xunto con outros animais de xoguete, e Os Pelelliños, do ilustrador e autor Anxo Fariña, unha colección de historias mínimas protagonizadas por estes seres máxicos que van divertir aos nenos e nenas.
Deseguido pódense ver algunhas imaxes da sesión pasada, na cal os monstros foron os protagonistas.
1 comentario:
Menuda pasada de carteis que fixestes! Sen dúbida os pekes pasárono xenial! Moitos bios de Belesar, dende onde vos mandamos un agasallo para o blog. http://bibliobelesar.blogspot.com/2010/05/agasallo-para-o-blog.html
Publicar un comentario