Aquiles o puntiño será o conto protagonista da sesión do
Contomar deste luns
24 de maio, ás 18:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar. Coa historia de Aquiles celebraremos o
cumprecontos de Antón, un dos nenos socios do Contomar. Nesta sesión poñerémoslles aos nenos e nenas as últimas estrelas de asistencia xa que na seguinte semana o Contomar despedirase até o próximo mes de setembro e entregará os agasallos aos nenos e nenas que máis estrelas teñen nos seus carnés.
A última sesión será o
luns 31 e estará centrada no conto
Flis-fli-ris-flás, de
Araceli Gonda, escritora e xornalista nacida en Gondomar, que estará connosco na biblioteca. E despedirémonos o
sábado 5 de xuño, ás
12 da mañá, cunha función dunha obra de teatro infantil da compañía
Matapiollos titulada tamén
Flis-fli-ris-flás e baseada no conto de Araceli Gonda.
Estas son algunhas fotos da sesión do luns 10 de maio.




No hay comentarios:
Publicar un comentario