- Este luns 31 de maio, ás 18:00h, a escritora e xornalista gondomareña Araceli Gonda estará na Biblioteca Municipal para contarlles aos nenos e nenas o seu Flis-fli-ris-flás, título que agocha a palabra máxica que lle axudará a Martiño, o neno protagonista, a arredar os pesadelos que se achegan a el cada noite cando queda durmido. Ademais, nesta sesión entregaráselles un agasallo aos nenos e nenas que máis estrelas de asistencia acumularon no seu carné ao longo dos oito meses que durou a actividade nesta súa 5ª tempada.
- O próximo sábado día 5 de xuño, ás 12 da mañá, o auditorio Lois Tobío de Gondomar acollerá a segunda parte desta festa de despedida do Contomar: unha función de teatro infantil a cargo da compañía Matapiollos coa obra Flis-fli-ris-flás, baseada no conto de Araceli Gonda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario