3/5/10

Contos e música no Contomar

O pito cairo será o protagonista da sesión deste luns 3 de maio no Contomar, pois foi o conto elixido por Claudia para celebrar o seu cumprecontos. Ademais, os nenos e nenas poderán tamén achegarse ás historias Os petos de Loreto, de Quentin Blake (Kalandraka), A bruxa regañadentes, de Maurizio Quarello (OQO) e Tan grandes, tan pequenos, de Tere Puig (Edicións do Cumio). Haberá tamén música da man de Servando Barreiro. A cita será, coma sempre, ás 18:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar.
Deixámosvos algunhas das imaxes da sesión sobre ratiños que a semana pasada nos ofreceron Dolo, Mari e María, pofesoras do CEIP Chano Piñeiro.

No hay comentarios: