Nesta última sesión a protagonista foi a Astronomía. A partir da lectura de Un veciño cheo de sorpresas, unha historia que a través da ficción introduce diferentes conceptos relacionados co Universo, escoitamos na Biblioteca Municipal unha pequena e interesantísima charla de introdución á Astronomía por parte Pancho Novoa, da Agrupación Astronómica Rías Baixas.
Arredor das dez da noite, fixemos unha merenda-cea no parque da Coelleira de Gondomar antes de dirixirnos ao monte Cepudo, preto do Alba, onde nos agardaba un equipo da Agrupación Astronómica Rías Baixas cos seus potentes telescopios.O máis emocionante da noite comezou alí. Pancho e os seus compañeiros fixeron posible que identificásemos no ceo a Osa Maior, Leo ou Xémini; aprendéronnos a identificar a Estrela Polar e, o máis marabilloso, a través dos telescopios puidemos ver os aneis de Saturno! Tratouse dun peche de ouro para o club de lectura Lendo Contigo que volverá no mes de outubro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario