O luns 30 de maio foi a última sesión de contacontos no Contomar ata despois do verán. Irene, Luís, Tere e Rosa, o coordinadores desta actividade, ambientaron o recanto do Contomar coma se fose unha cociña e fixeron unha sesión baseada no libro Sopa de soño, con receitas disparatadas que un lía mentres os demais cociñaban: pinzas fritidas, bufandas ao pescozo, guiso de lunares, cremalleiras á prancha, guiso de botóns, etc.
A sesión rematou cunha canción e a entrega de agasallos aos nenos e nenas que máis estrelas de asistencia obtiveron ao longo de todo o curso.
Un ano máis, agradecemos ás familias a asistencia, aos nenos e nenas o comportamento e a atención e as nais e pais contadores que colaborasen para que todo isto sexa posible.
Estas son algunhas imaxes deste fantástico peche.
No hay comentarios:
Publicar un comentario