
Este mércores
15 de xuño, a partir das
18.30h, despedimos ata despois do verán as sesións de dinamización de todas as semanas na Casa da Lectura e farémolo cunha sesión moi refrescante. A
Casa da Lectura inundarase de contos relacionados coa auga (como
Cantas pingas na cidade,
O home de auga ou
A vella Lulula) e despois haberá seis recantos diferentes onde xogaremos a diversos xogos acuáticos.
Á volta das vacacións de verán volverán os contos á Casa da Lectura, para pasalo tan ben como na sesión da
semana pasada dedicada aos xogos tradicionais. Estas son algunhas imaxes dese día tomadas polo fotógrafo Manuel G. Vicente.











0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada