12/5/11
Rematan por este curso as sesións de contacontos nos colexios do Val Miñor
Durante estes últimos catro meses o equipo de contadores e contadoras de  Espazo Lectura visitou os centros de ensino que son socios protectores  da asociación con dúas sesións de contacontos: Contos de monstros e O ciclo da auga.  O CEIP Chano Piñeiro de Gondomar acolle mañá venres a última destas  sesións coas que Espazo Lectura quere corresponder e agradecer a  importantísima colaboración  destes dez centros de ensino que apoian o noso proxecto e nos axudan a  facer chegar a información das actividades ás familias do seu alumnado.




 
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario