
O próximo luns no Contomar vai haber sesión especial: a actividade correrá a cargo dalgunhas das persoas que asistiron ao
Curso monográfico de contacontos que organizou a OMIX do Concello de Gondomar e que prepararon algunhas sesións de prácticas para realizar nos centros de ensino da zona e no Contomar. Estes son os contos que van contar:
Sopra neste furadiño, A vaca que puxo un ovo, Henry o neno devorador de libros e Furacazolos e botaborrañas.
A cita é o luns ás 18.00 horas no Recanto do Contomar da Biblioteca Municipal de Gondomar.
Estas imaxes correspóndense coa sesión da semana pasada.






No hay comentarios:
Publicar un comentario