O 1 de decembro, na
actividade semanal de dinamización lectora que ten lugar todos os mércores a partir das
18.30h na
Casa da Lectura, imos construír entre todos un universo particular: o universo literario de Donas, a parroquia onde está situada a Casa da Lectura. Será logo de ler a fabulosa viaxe que nos propón
Mi casa azul, o conto de Alain Serres e Edmée Cannard publicado por
Kónikos.

Deseguido podedes ver algunhas imaxes da
sesión da semana pasada, durante a cal tivemos que facer complicados cálculos matemáticos para medir a nosa capacidade imaxinativa antes de enfrontarnos ao reto de descubrir a obra de arte que se agochaba detrás dunha mancha.




No hay comentarios:
Publicar un comentario