9/11/10

Agasallos na Casa da Lectura

A sesión de dinamización da Casa da Lectura estará dedicada este mércores aos agasallos. A partir da lectura de El regalo, de Gabriela Keselman e Pep Montserrat, e de Un agasallo diferente, de Marta Azcona e Rosa Osuna, falaremos da ilusión que nos poden facer os agasallos máis pequenos, os que se fan dende o amor e a amizade. Finalmente, os nenos e nenas realizarán entre todos un agasallo moi especial: un libro.

A actividade será o mércores 10 de novembro, a partir das 18.30 horas na Casa da Lectura.

As seguintes imaxes correspóndense coa sesión de dinamización lectora da semana pasada.

No hay comentarios: