O domingo 23 de decembro, ás 18:00h, o Contomar despedirá o ano cunha sesión especial no auditorio Lois Tobío de Gondomar, grazas á colaboración da Concellería de Cultura. Trátase da función de títeres Fábula galénica, de Fantoches Baj.
Esta obra para monicreques de luva ten a súa orixe no texto do mesmo
nome, galardoado co VIII Premio Barriga Verde de textos para teatro de
monicreques na modalidade infantil. Nel réndese homenaxe ás narracións
tradicionais, ás radios de galena e á ciencia farmacéutica. A fábula
conta a historia do rei Don Cardo, que decide construír un castelo que
acaba cos recursos naturais e económicos do lugar. Este feito provocará a
reacción dos animais que viven nos seus dominios.
Con esta sesión especial o Contomar despídese ata despois do Nadal, cando volverá á Biblioteca de Gondomar todos os luns ás 18:00 horas con centos de contos para os cativos e cativas e as súas familias.
Estas son as imaxes tomadas na sesión do luns pasado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario