Este próximo luns 17 de decembro no Contomar cantaremos e contaremos historias e cancións relacionadas co Nadal: Os Bolechas festexan o Nadal, Olivia recibe o Nadal, Antón e o Apalpador e Xa me tardan estes Magos. Será, como cada luns, ás 18:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar.
Ademais, os nenos e nenas que teñen esta tempada máis estrelas de asistencia no seu carné do Contomar recibirán, grazas á colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, unha invitación para asistir á sesión especial de peche de ano do Contomar que se celebrará no auditorio Lois Tobío o domingo 23 de decembro ás 18:00h: será unha función do espectáculo de títeres Fábula galénica, de Fantoches Baj, baseado no libro Fábula galénica, de Inácio Vilariño, editado por Baía Edicións.A continuación deixámosvos algunhas imaxes da sesión celebrada o pasado luns 10 de decembro.

No hay comentarios:
Publicar un comentario