13/3/12

Na Casa da Lectura imaxinamos un mundo mellor

Na sesión de dinamización lectora deste mércores, 14 de marzo, leremos o conto La señorita Emilia, de Barbara Cooney, publicado por Ekaré.
A Emilia o seu avó encargoulle unha cousa importantísima: "Debes facer algo para que o mundo sexa máis fermoso". Que fará Emilia para cumprir o encargo do seu avó?
Descubrirémolo este mércores, a partir das 18:30 horas na Casa da Lectura.


Estas imaxes foron tomadas durante a sesión da semana pasada dedicada á igualdade entre homes e mulleres.