Lembramos aos socios e socias de Espazo Lectura que mañá sábado 17 de marzo, a partir das 11:00 horas en primeira convocatoria e 11:30 en segunda, terá lugar, na Casa da Lectura, a Asemblea Xeral Ordinaria da asociación coa seguinte
ORDE DO DÍA
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Altas e baixas de socios/as.
3. Memoria de actividades do ano 2011.
4. Memoria económica do ano 2011.
5. Varios.
6. Rogos e preguntas.
O propio sábado, a partir das 12:30 horas en primeira convocatoria e 13:00 en segunda, desenvolverase a Asemblea Xeral Extraordinaria baixo a seguinte
ORDE DO DÍA
1. Elección da nova Xunta Directiva de Espazo Lectura.
Informamos tamén de que na Asemblea Extraordinaria celebrada onte, 15 de marzo, foi aprobada por unanimidade a reforma de estatutos da asociación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario