6/3/12

Contos sobre igualdade na Casa da Lectura


O xoves 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Con ese motivo, na sesión de dinamización lectora do mércores 7 na Casa da Lectura leremos contos sobre a igualdade. Un deses contos será O país dos mandóns, de Paloma Rodríguez e Cristina Justo (Edicións Embora).
No país dos mandóns uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas xoguen, saian ou traballen fóra da casa. O cambio desas normas tan inxustas para crear un novo país da igualdade conmemórase o día internacional das mulleres.
A sesión comeza ás 18:30 horas na Casa da Lectura.

Estas son varias imaxes da sesión do mércores 29.