14/11/11
Unha autobiografía sobre a adopción, no Lecturas Debuxadas
O martes 15 de novembro, a sesión do club de cómic Lecturas Debuxadas estará dedicada á novela gráfica Piel color miel, do autor Jung Lin Jun (editorial Rossell).
Neste libro, Jung, famoso debuxante de cómic, relata nunha conmovedora autobiografía o que supuxo para el quedar orfo aos 5 anos en Corea e ser posteriormente adoptado por unha familia belga. Lembranzas ás veces tristes, ás veces hilarantes dunha infancia e adolescencia problemáticas que nos amosan moito deste artista e de todos os nenos adoptados en xeral.
A cita é na Biblioteca Municipal de Gondomar a partir das 20:00 horas.
Nestas imaxes pódense ver varios momentos da sesión do mes pasado, na cal mantivemos unha videoconferencia cos autores de O Fillo da Furia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario