
Este mércores na
Casa da Lectura contaremos
Na busca dun fogar, un conto de Alexis Deacon, ilustrado por Viviane Schwarz e editado en galego por
Patas de peixe. Nel un grupo de irmáns debe abandonar o buratiño no que vivían e emprender unha viaxe na procura dun novo fogar. Logo de cruzar o mar, subir unha montaña, atravesar o deserto e enfrontarse a diversos perigos, poderán descubrir o grande e fermoso que é o mundo. Tamén nós, despois de ler o conto, sairemos de viaxe e poñeremos a proba a nosa puntería sobre un mapa de Galicia para buscar un fogar.
A cita é o
9 de novembro, a partir das
18:30 na
Casa da Lectura.
Velaquí algunhas imaxes da
sesión da semana pasada, de dedicada aos monstros.








No hay comentarios:
Publicar un comentario