14/11/11

Contomar

Coma todos os luns, o Contomar, a sesión de contacontos semanal que Espazo Lectura organiza na Biblioteca de Gondomar para nenos e nenas a partir de 3 anos, encherá de contos e palabras a biblioteca.
Entre outros, contarase O zampón (A Nosa Terra), Os dous corcovados (Kalandraka), Que contan as ovellas para durmir? (Galaxia), Lume!!! (Rodeira) e Puag, que noxo! (Galaxia).
Se queres participar, a actividade comeza a partir das 18:00 horas do serán.

Estas imaxes foron tomadas na sesión do luns 7 de novembro.