Con motivo da celebración do Día do Libro, a asociación Espazo Lectura (en colaboración co Concello de Gondomar) celebra este venres 23 de abril a terceira edición do Dar de ler coma quen dá de beber, unha sesión de lecturas compartidas en voz alta na que unhas 30 persoas lerán fragmentos de obras escollidas por elas mesmas para compartir cos demais e recomendar. Con esta iniciativa preténdese celebrar o Día do Libro lendo.
Os libros ocupan a taberna
O lema escollido este ano é Lecturas na taberna. Se o ano pasado o escenario foi a Praza de Abastos, este ano será a xamonería Catro Camiños de Gondomar a que acolla o acto. Con esta iniciativa preténdese reivindicar a presenza dos libros e a lectura en todos os espazos da vida e facer que formen parte da nosa actividade cotiá. O acto, aberto a quen queira achegarse en calquera momento da tarde, transcorrerá dende as 19.30 ata ás 22.00 horas.
1 comentario:
Gustaríame saber se alguén pode publicar os fragmentos que se leron nesta ocasión, pois é unha boa invitación a ler o libro enteiro e non sempre se pode ir persoalmente.
Saudos Alba.
Publicar un comentario