28/4/10

Inauguración da nova biblioteca do CEIP Souto-Donas

O CEIP Souto-Donas, socio protector de Espazo Lectura, estivo de festa este pasado martes 27 de abril: celebraron con toda a comunidade educativa a inauguración da biblioteca da escola logo das obras de remodelación desenvolvidas nestes últimos meses.
No acto de inauguración, Carmen Mora, directora do colexio, presentoulles a todas as persoas asistentes a "nova" biblioteca como espazo de lecer e de traballo e convidou as familias a facer uso dos seus servizos e a apoiar e traballar desde a casa para fortalecer os hábitos lectores nos nenos e nenas. Convidounas tamén a aproveitar nese sentido a oferta de actividades de Espazo Lectura. Deixámosvos aquí algunhas imaxes do acto de inauguración e do aspecto que ten a biblioteca logo das obras. Parabéns a todo claustro de profesores e profesoras do colexio!

1 comentario:

Pina dijo...

Grazas por estas fotos que mostran a nosa biblioteca.Invitamos a toda a comunidade escolar a visitala e facer uso dos nosos fondos.Recordamos que estamos na rede Meiga e moitos deles xa poden ser consultados.Outros aínda non tivemos tempo de rexistralos(o tempo é limitado.Grazas de novo e ata sempre.Pina