O Contomar vai celebrar o luns 22 de febreiro unha sesión especial de
4º aniversario na que teremos un
equipo especial de contadores convidados: o profesorado do equipo de Educación Infantil do CEIP Souto-Donas.
O galo Quirico,
O pito cairo ou
Mariluz avestruz serán algunhas das historias que Bea, José Luís, Belén e Luísa sacarán dun ovo para ofrecérllelas aos nenos e nenas asistentes. Será, coma sempre, ás
18:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario